Os sindicatos piden a dimisión do conselleiro de Educación pola súa actuación no concurso de traslados
A Consellaría tivo que acatar a sentenza xudicial que a obriga a baremar de novo milleiros de mestres e a non puntuar os anos traballados como interinos. CIG, CC.OO. e UGT cualifican de "irresponsable" e "neglixente" a Jesús Vázquez.