Movementos sociais
Galicia, no 'podio' de persoas dependentes sen atender
O Tribunal de Cuentas certifica que a Xunta é o terceiro goberno autonómico con maior porcentaxe de dependentes con prestación concedida pero que aínda non a reciben. O atraso galego supera en 11 puntos a media estatal.
A Coruña homenaxea o exilio republicano lembrando o actual "exilio económico" da mocidade
A Coruña e Veracruz celebrarán o 75 aniversario da chegada a México do barco Sinaia, que levou 1.600 exiliados e exiliadas, 28 deles galegos, coma José Caridad Mateo, Ramón Iglesias Parga ou Lorenzo Varela. O acto coruñés denunciará tamén o novo "exilio económico" que sofre a mocidade.
A SGHN aluga catro predios públicos na Limia para dedicalos á gandaría extensiva
A Sociedade Galega de Historia Natural salienta que os terreos aumentarán o seu valor natural "como illa refuxio de biodiversidade para flora e fauna".
O 'Partido Froilanista' convoca unha concentración en defensa do dereitos de Froilán e Elena
Realizará un acto na praza do Toural, en Compostela, ás oito da tarde deste xoves, que se converterá nunha "manifestación retranqueira" pola zona vella da cidade.
Portas abertas ás farmacéuticas, tamén na saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia a participación de altos cargos de Sanidade, entre eles a conselleira Rocío Mosquera, nun acto patrocinado por un laboratorio privado co obxectivo de promover a distribución dos seus fármacos
España. O dereito a protestar, ameazado
Amnistía Internacional Galicia
A reforma da lei do aborto acelera a súa tramitación nunha semana de mobilización feminista
O Consello Fiscal vén de aprobar un ditame favorable ao proxecto de Gallardón, o mércores o Ministerio de Sanidade presentará o seu informe e o venres o CGPJ emitirá o seu ditame, adiado en varias ocasións. O domingo 15 Vigo acollerá unha nova manifestación polo dereito das mulleres a decidiren.
O Comité de Empresa da TVG critica a emisión das fotos de Asunta na canle pública
A representación dos traballadores e traballadoras considera que a difusión destas fotografías, a través dun programa realizado por unha produtora externa, podería vulnerar gravemente a Lei do Menor.
Os sindicatos denuncian "fraude" nas contratacións de 'Foro Aberto'
Segundo CIG, UGT e USO, a contratación de Carlos Luis Rodríguez e Pablo Acción encobre unha relación laboral de natureza ordinaria, que "debería prestarse por persoal laboral da TVG".
O Estado cobra case 600 euros por cada multa en manifestacións galegas
A Policía iniciou 61 expedientes en manifestacións convocadas en Galicia durante o ano 2013, das cales case medio cento remataron en sancións firmes.
Bandeiras azuis: máis negocio turístico que medio ambiente
Organizacións de defensa do medio ambiente alertan de que a concesión dos galardóns depende dunha organización privada da que a Comisión Europea se desligou hai quince anos por falta de rigor e que non ten en conta criterios ecolóxicos. A propia entidade que as concede recomenda non adxudicalas a espazos de alto valor ambiental.