As Marchas da Dignidade chaman a 'rodear o parlamento' o sábado 21
A manifestación, que terá como lema Pan, traballo e teito, coincidirá con iniciativas semellantes ante outros parlamentos do Estado. O manifesto da convocatoria denuncia o control das cámaras polo poder financeiro e o bipartidismo de PP e PSOE.