Cacheiras tamén rexeita en referendo a relixión nas aulas
O 87,5% dos pais e nais que participaron no referendo organizado polo colectivo Somos Parte no IES Cacheiras (Teo) rexeitou que a relixión teña valor académico nos currículos, e o 74,5% opuxéronse a que comparta horario con outras materias. É o segundo centro no que se leva a cabo esta votación.