Movementos sociais
Defensa descoñece o contido do vertedoiro de explosivos fronte á costa galega
O Ministerio respondeu á consulta realizada por ADEGA, e recoñece non ter información sobre o tipo de materiais afundidos a 50 quilómetros da Coruña e Ferrol. Afirma tamén que non realiza ningún tipo de vixilancia, a pesar de que na última década houbo sete achados casuais de munición nas proximidades.
Escoitámonos na noite electoral?
Praza Pública combinará a cobertura da noite electoral a través do xornal cunha emisión radiofónica con información, debate e música.
Milleiros de traballadores agardan nas listas de substitución do Sergas, que opta por pechar camas
Os sindicatos acusan os responsables da Consellaría de Sanidade de "mentir" sobre as razóns polas que 1.200 camas quedará fóra de servizo este verán nos hospitais galegos. E lembran que os médicos, enfermeiros e celadores que enchen as listas de contratación "non van ter nin un só contrato neste ano”
Grupos profesionais e sindicatos únense no rexeitamento ás áreas de xestión clínica
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, os Colexios de Médicos de Ourense e Pontevedra, CIG, CC.OO. e UGT piden a paralización da áreas de xestión e chaman a unha mobilización "contra o desmantelamento dos servizos públicos"
"A represión e o proceso xurídico foi só contra os que estamos do lado do galego"
Reiníciase este xoves o xuízo contra doce mozos aos que piden 45 anos de cadea polos incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe de 2009. Un dos acusados analiza o caso e ironiza coa "casualidade" de que coincida, como a marcha e o anterior intento de xulgamento, pouco antes dunhas eleccións.
016, vanme axudar?
Marta Rodríguez Engroba
Educación pediralles a 3.585 familias que devolvan axudas a libros de texto
Despois de cotexar cos datos da renda, a Consellaría detectou fraude nun 7% das solicitudes concedidas no curso 2010-11, pais e nais que polo seu nivel de ingreso non tiñan dereito a esa subvención. A Xunta recuperará 336 mil euros.
Mobilizacións en toda Galicia para pedir o indulto de Ana, Tamara, Carlos e Serafín
CIG, CCOO e UGT convocan concentracións en seis cidades este xoves 22 para exixir que as catro persoas condenadas a tres anos de prisión por participar nun piquete non entren na cadea e para denunciar as "penas inxustas e abusivas" e a "represión dos gobernos do PP".
Usuarios e profesionais, contra o deterioro da atención á saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental ou a Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental levan meses denunciado as consecuencias dos recortes aplicados pola Xunta, nun ámbito no que cada vez cómpren máis recursos por mor dos efectos da crise económica.
Falade galego
Héctor Fernández Leiro
A Xunta expedienta unha mestra por non participar na festa do Nadal
O xefe territorial de Educación, ex deputado do PP, advirte a traballadora de que pode ser apercibida por non participar nun festival ao que xa avisara que non iría. A docente denuncia a "intromisión do ideario católico na vida escolar".