O profesorado que fala galego "impulsa" que o estudantado tamén o use ata nun 75%
O informe sobre o galego na Universidade de Vigo advirte de que o fomento do idioma polos ensinantes multiplica o uso no alumnado. A mellora nas competencias non se traducen no uso cotiá dunha lingua que sofre aínda prexuízos: o 22% dos docentes cren que non é axeitada para a investigación.