O Hospital da Mariña non contará con resonancia magnética fixa, malia as promesas de mellora da Xunta
En setembro Núñez Feijóo aseguraba que tralas obras de ampliación "o Hospital da Costa terá servizos como ten o hospital de Lugo". CIG-Saúde denuncia que a carencia destas instalación provoca "derivacións" de pacientes a centros privados