Case 250 mil persoas sofren problemas de acceso á sanidade en Galicia por listas de espera ou transporte
A Enquisa Nacional de Saúde reflicte que case un cuarto de millón de persoas tivo o pasado ano demoras no acceso á atención sanitaria ou, directamente, non puido acceder a ela. Así mesmo, 72.600 galegos e galegas víronse privadas de medicación por motivos económicos. A situación é aínda máis negativa no conxunto do Estado