Os detidos son Duarte Ferrín, Benito González, Xurxo Porritt, Andrea Morales, Ana Fuentes e Alberte Pagán. Pola contra, Sandra Garrido a estas horas continúa a bordo dun dos dez barcos que seguen a navegar rumbo a Gaza.
Seis galegos e galegas figuran entre as 337 activistas da Flotilla Golbal Sumud detidas ilegalmente por Israel. Este luns pola mañá embarcacóns militares israelís abordaron en augas internacionais (a unhas 250 millas da costa de Palestina) o medio cento de barcos que compoñen a Flotilla solidaria con Gaza. En total, 41 buques foron "interceptados" e os seus tripulantes, detidos polos militares.
Os detidos son Duarte Ferrín, Edi (que navegaba no Holy Blue), Benito González e Xurxo Porritt (no Iridescence), Andrea Morales (no Atlantic Blue), Ana Fuentes (no Venus) e Alberte Pagán (no Azur). Pola contra, Sandra Garrido a estas horas continúa a bordo dun dos dez barcos que seguen a navegar rumbo a Gaza.
Segundo os informes de radar e gardacostas, así como testemuñas e vídeos das activistas embarcadas, detectouse na zona a presenza dun gran buque da armada israelí, acompañado de lanchas e barcos rápidos que iniciaron o acoso e asalto ás embarcacións da flotilla
A delegación galega da Flotilla ofreceu este martes ao mediodía unha rolda de prensa en Santiago para informar do sucedido nas últimas horas e dar detalles sobre a situación na que se atopan os e as activistas galegas
A delegación galega da Flotilla ofreceu este martes ao mediodía unha rolda de prensa en Santiago para informar do sucedido nas últimas horas e dar detalles sobre a situación na que se atopan os e as activistas galegas.
Desde a Global Sumud e a Global Sumud Galiza activouse de inmediato a rede de contactos políticos e diplomáticos "para denunciar este novo asalto e garantir a seguridade das activistas". Tiveron contactos con representantes no Parlamento Galego, no Congreso, Senado e Parlamento Europeo.
Este martes están convocadas concentracións en varias cidades e vilas galegas:
- A Coruña – Obelisco, 20:00 h
- A Guarda – Praia do Porto, 20:00h
- Betanzos – Praza Irmáns García Naveira, 20:30 h
- Cangas – Praza do Concello, 20:00h
- Cee – Praza 8 de marzo, 20:00 h
- Compostela – Pza do Toural, 20:00 h
- Ferrol – diante do Concello, 19:00 h
- Lalín – Praza da Igrexa, 21:00 h
- Lugo – Praza Maior, 20:00 h
- Ponteareas – Fronte dos xulgados, 20:00h
- Pontevedra – Praza da Peregrina, 20:00 h
- Ribeira - Praza do Concello, 20:00h
- Vigo – Oliveira, Paseo de Alfonso, 20:00 h
Este martes están convocadas concentracións en varias cidades e vilas galegas
A delegación expresa a súa "profunda preocupación pola seguridade e a protección das persoas civís participantes na flotilla" e pide "a liberación inmediata de todas as activistas secuestradas, así como o pleno respecto dos seus dereitos e da súa dignidade". Denuncian ademais que "os reiterados ataques contra iniciativas
humanitarias pacíficas reflicten un desprezo constante do dereito internacional e da liberdade de navegación.
Subliñan, finalmente que "o bloqueo a Gaza é ilegal segundo o dereito internacional", pois "está deseñado para matar de fame á poboación civil e constitúe un motor de xenocidio a través da inanición masiva".