Rousseff: "O pobo está a dicirnos que quere cambios"
Despois de reunirse con representantes do Movimento Passe Livre e cos 27 gobernadores estaduais a presidenta brasileira ofreceu "cinco pactos" en materias fiscais, de sanidade, transporte e educación e propuxo iniciar o proceso para reformar a Constitución co obxectivo de loitar contra a corrupción.