Galicia mobilízase en defensa do pobo palestino
Este luns e martes están convocadas concentracións en todas as cidades galegas en denuncia da agresión militar israelí en Gaza, que provocou xa máis de 170 mortos.
Este luns e martes están convocadas concentracións en todas as cidades galegas en denuncia da agresión militar israelí en Gaza, que provocou xa máis de 170 mortos.
Tempo Exterior, a revista de análise internacional do IGADI, dedícalle o seu número 28 de forma monográfica á actualidade política cubana, particularmente ao proceso de reformas iniciado a partir de 2008 polo presidente Raúl Castro.
A mediados de xuño de 2007 Hamás tomou plenos poderes da Franxa de Gaza e Israel vingouse impondo máis sancións económicas e anulando a circulación de persoas e mercadorías. Familias e comerciantes explican as dificultades para tratar enfermidades, acceder a medicamentos ou a alimentos básicos.
A Lei Xeral da FIFA aprobada polo Brasil goberna os dous quilómetros que arrodean todos os estadios do Mundial de Fútbol, onde as manifestacións políticas e as intervencións das marcas que non sexan patrocinadoras da multinacional están limitadas. O proceso de especulación urbanística desencadeado pola Copa da FIFA xerou fortes movementos de resistencia que loitan polo dereito á cidade, nas rúas e nas redes de todas as cidades sede.
Durante estes anos a nova forza da esquerda grega foi ganando apoios grazas ao afundimento causado pola depresión e austeridade forzada pola troika. Tras a súa vitoria nas europeas, a coalición que lidera Alexis Tsipras asume que debe estar preparado para gobernar.
O fotoxornalista Juan Teixeira analiza sobre o terreo a actual situación política en Ucraína, medio ano despois do inicio das protestas no Maidán.
O primeiro ministro da Fronte Polisaria, Abdel Gader Taleb, advirte de que o pobo saharauí "xa se enfrontou a Marrocos con menos armas e menos xente da que temos agora. Reclama unha solución á comunidade internacional e ve "decepcionante e distante" a relación do Goberno de España coa súa antiga colonia.