O propio candidato di que o que lle preocupa é “Galicia” e non “a política” pero a súa axenda está inzada de actos de partido
Segundo o PP, o seu candidato a revalidar a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, renunciou a facer precampaña “para centrarse na xestión da crise do coronavirus”. El mesmo nas súas intervencións salienta que o que lle preocupa é “Galicia” non “a política”, que deixa para os partidos da oposición. Porén, a súa axenda na primeira semana de campaña estivo inzada de mitins e sen apenas axenda oficial como presidente. Ao tempo, conselleiros e conselleiras veñen despregando unha axenda oficial na que, malia a prohibición de actos propagandísticos, son numerosas as visitas a obras e anuncios futuros.
Esta é a axenda de Feijóo desde que comezou a campaña electoral na medianoite do pasado xoves 25 de xuño. Aquel día presidiu pola mañá o Consello da Xunta, cuxa rolda de prensa rematou contra as dúas da tarde, e ás 19 horas xa estaba nun mitin en Vigo, seguido ás 23.35 doutro na Coruña, o de apertura de campaña.
Desde aquela, nos oito días que van de campaña ata este venres, Feijóo leva 26 mitins ou actos de partido, aos que se suma o debate electoral e a súa preparación (para o que segundo o partido reservou o domingo), fronte a só cinco actos na axenda oficial como presidente -dous deles protocolarios como entregar as Medallas Castelao ou facer o último treito do Camiño de Santiago-, que se sinalan entre parénteses e cursiva no seguinte listado:
Venres 26
(10.00 Webinario con mulleres emprendedoras na Cidade da Cultura)
12.30 Os Peares
17.00 A Rúa
18.00 O Barco de Valdeorras
20.00 Monforte de Lemos
21.00 Chantada
Sábado 27
12.00 Pontevedra
19.30 Sada
20.30 Arteixo
Domingo 28
(11.00 Entrega Medallas Castelao)
13.30 Trazo
O PP informou de que dedicou a tarde do domingo a preparar o debate electoral
Luns 29
O PP informou de que dedicou a xornada a preparar o debate electoral
21.00 Debate electoral
Martes 30
11.00 Cenlle
13.45 Vigo
17.30 Ponteareas
18.30 Cangas
20.30 Ribeira
Mércores 1
10.00 Poio
(12.00 Recorre o último treito do Camiño de Santiago)
18.30 Sarria
20.30 Narón
Xoves 2
(10.00 Consello da Xunta e rolda de prensa posterior)
18.00 Nigrán
19.00 Redondela
20.00 Cambados
21.00 Teo
Venres 3
10.30 Lugo
(11.45 Visita as instalacións de Aspnais en Lugo)
18.00 Carballiño
19.00 San Cibrao das Viñas
20.00 Xinzo de Limia
21.00 Verín
Ademais desta axenda pública, Feijóo leva días ocupando parte do seu tempo ofrecendo entrevistas a diversos medios de comunicación de todo o Estado.