Novo xiro na causa aberta pola Audiencia Nacional contra as organizacións Causa Galiza e Ceivar. A Fiscalía da Audiencia Nacional imputa as doce persoas procesadas un novo delito de “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo”, catro anos despois da apertura deste proceso, e solicita penas que van desde os 4 aos 12 anos de cadea e a disolución de ambas as dúas entidades.
En total, son 102 anos de prisión para os 12 militantes das dúas organizacións imputados a raíz da operación Jaro 1 e a operación Jaro 2 os que pide a Fiscalía. "É un grave salto cualitativo na persecución do independentismo", advirte Causa Galiza.
A Audiencia Nacional imputa as doce persoas un novo delito de “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo”
Así o asegurou nunha comparecencia pública Causa Galiza, que recuperara a súa legalidade como formación política logo de que lle fose retirada a acusación de pertenza a organización armada a nove dos seus militantes.
A formación soberanista considera que esta decisión "político-xudicial" é a "máis grave crise do réxime neofranquista español en 40 anos como resultado do proceso independentista catalán".
Así, Causa Galiza denuncia que esta deriva que cualifican de "filofascista" por parte do Estado "non só é impulsada pola extrema dereita" senón tamén, aseguran, "polo partido no poder, co ministro do Interior, Grande-Marlaska", ao que critican e definen como "experto na represión política".
"É un grave salto cualitativo na persecución do independentismo", advirte Causa Galiza
“Hoxe todos os partidos unionistas falan explicitamente de ilegalizar as formacións que defenden o dereito de autodeterminación e a independencia”, di Causa Galiza, que considera "imprescindíbeis" a "solidariedade, denuncia e superación dos cálculos estreitos por parte dos axentes políticos, sindicais e sociais da nación".
“A citación de destacados dirixentes e ex dirixentes do BNG neste proceso político-xudicial rebela esta dimensión da iniciativa represiva”, advirte a formación