Lastra chama ao "cambio" na Xunta: "O Goberno central necesita un novo interlocutor en Galicia"

Adriana Lastra e Gonzalo Caballero, no acto celebrado en Santiago © PSdeG

A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, participou este sábado en Compostela na reunión da interparlamentaria e da executiva do PSdeG chamando ao "cambio" na Xunta nas vindeiras eleccións porque, segundo dixo, o Goberno de España "necesita un interlocutor en Galicia que saiba xestionar, que saiba cales son as necesidades e prioridades desta terra". 

Adriana Lastra cre que Feijóo "ten un déficit de xestión evidente" e ladvirte que "a axenda galega está no centro do Consello de Ministros"

Para Lastra, Feijóo --de quen dixo que pasou de parecer "moderado" a ser "o de máis ultradereita no PP"-- limítase a "xogar á confrontación permanente co Goberno do Estado" porque, cre, "ten un déficit de xestión evidente". "Non sabe xestionar esta terra e, o que é peor, ademais, é que tampouco quere aprender", dixo, tras destacar a importancia do "reto" das autonómicas que pasa, para os socialistas, por "conseguir que todo ese caudal de confianza das eleccións de novembro e abril se revalide e que sexa aínda maior". 

"Que poidamos levar o noso proxecto de futuro ata o último recuncho de Galicia, que consigamos espallar o noso proxecto nacionala ta o último recuncho de España", engadiu Lastra, que asegurou que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, pediulle trasladar "que a axenda galega está no centro do Consello de Ministros". 

Adriana Lastra e Gonzalo Caballero © PSdeG

Así, Lastra destacou o comrpomiso do Executivo estatal para "cumprir coas infraestruturas" como, segundo dixo, empezou a facer o Goberno "cando aprobou a proposición de lei da AP-9 que agora se ve reflectida. "Tivo que chegar un ministro valencia para solucionar este tema", dixo en referencia a Ábalos. 

Ademais, amosouse confiada en que a "maioría de esquerdas" que se plasmou en Galicia tras o 10-N "vai ter tamén apoio logo das eleccións autonómicas" porque "é verdade que se precisa un cambio real en Galicia". 

"Feijóo é un líder do márketing pero un fracasado na xestión política", di Gonzalo Caballero

Pola súa banda, Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, asegurou que a Feijóo lle quedan "oito meses" á fronte da Xunta porque "somos centos de miles os que estamos fartos". "É un líder do márketing pero un fracasado na xestión política", insistiu quen cre que o país "precisa un goberno progresista que reme a favor dos tempos". 

"Queremos traballar por unha Galicia mellor, de oportunidades, de futuro, porque o blanace de 11 anosd e Feijóo é negro para os galegos e as galegas", rematou o líder do PSdeG. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.