Entre as medidas propostas polo BNG figura a intervención pública no mercado enerxético "para poñer a enerxía ao servizo da sociedade" e a posta en marcha dunha "tarifa eléctrica galega que permita abaratar a factura da luz", tendo en conta que Galicia produce máis electricidade que a que consume
Unha manifestación convocada polo BNG baixo o lema "Non é unha crise de prezos. É unha estafa" percorreu este domingo as rúas de Compostela para esixir medidas que loiten contra o encarecemento da vida. A formación nacionalista fixo fincapé en que "hai alternativas" e puxo sobre a mesa unha serie de propostas que vén despregando nos últimos meses, centradas tanto no mercado da enerxía, o custo da vivenda e a protección social e a defensa dos servizos públicos.
Ao remate da marcha, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, demandou “valentía e decisión” tanto ao Goberno do Estado como ao da Xunta, "para que adopten medidas a favor da maioría". Entre as medidas propostas polo BNG figura a intervención pública no mercado enerxético "para poñer a enerxía ao servizo da sociedade" e a posta en marcha dunha "tarifa eléctrica galega que permita abaratar a factura da luz", tendo en conta que Galicia produce máis electricidade que a que consume.
O Bloque tamén pide unha "fiscalidade xusta na que pague máis quen máis ten” e a posta en marcha dunha rede de protección social con medidas como a recuperación da tarxeta básica de axuda á compra de alimentos as familias con menos recursos ou a suba das pensións non contributivas
O Bloque tamén pide unha "fiscalidade xusta na que pague máis quen máis ten”, incrementando os impostos cobrados a enerxéticas, banca ou as grandes distribuidoras da alimentación. Pontón cualificou como “obsceno” que "unha presa de multinacionais se forren mentres moitas familias non chegan a fin de mes".
O BNG tamén propón a posta en marcha dunha rede de protección social con medidas como a recuperación da tarxeta básica de axuda á compra de alimentos as familias con menos recursos, suprimida polo Goberno da Xunta, a suba das pensións non contributivas ou a prohibición dos desafiuzamentos. Así mesmo, aposta por "limitar" tanto o prezo dos alugueiros como a suba das hipotecas en vivenda habitual. Por último, aposta por "fortalecer os servizos públicos", en particular a sanidade cun plan de reforzo da atención primaria, ante un goberno do PP que “pon en perigo a saúde dos e das galegas tras trece anos de recortes e ultraliberalismo".
Así mesmo, aposta por "limitar" tanto o prezo dos alugueiros como a suba das hipotecas en vivenda habitual
Na súa intervención final, Pontón criticou o que definiu como “inutilidade política do PP para loitar contra a crise e dar alternativas". A líder do BNG afirmou que os populares “gobernan para unha minoría mentres deixan á intemperie á maioría, gobernan para o lobby enerxético mentres deixa de lado ás PEMES e mentres se destrúen 15.000 empregos na industria".
Pontón subliñou que "na orixe da actual crise de prezos hai decisións das elites económicas e políticas ianquis para reforzar a súa hexemonía, en particular no eido enerxético”, en referencia ao aumento das compras de "gas americano moito máis caro que o gas ruso"
No seu discurso, Ana Pontón subliñou que "na orixe da actual crise de prezos hai decisións das elites económicas e políticas ianquis para reforzar a súa hexemonía, en particular no eido enerxético”, en referencia ao aumento das compras de "gas americano moito máis caro que o gas ruso" para substituír o que a UE lle deixa de mercar a Moscova en resposta á invasión de Ucraína, que “o BNG considera inxustificable como forza antiimperialista e defensora da soberanía”. En calquera caso, a formación nacionalista aposta por unha saída ao conflito que "aposte pola paz e polo diálogo", criticando o incremento do gasto militar decidido polo Goberno central.
Finalmente, criticou o papel que xoga a Unión Europea, convertida en “triste monicreque” ao servizo dos intereses dos EUA, “aceptando indigna e acriticamente decisións que paga a maioría da cidadanía cada vez que prende a luz, a calefacción ou enche o depósito de gasolina”.
O BNG tamén criticou as subas dos tipos de xuro, sinalando que "o BCE está utilizando a política monetaria para afogar as familias coa suba das hipotecas e as pequenas empresas, para beneficio da banca". "É unha estafa ás maiorías sociais", engadiu Pontón
Así mesmo, o BNG tamén criticou as subas dos tipos de xuro decididas polo Banco Central Europeo, sinalando que "o BCE está utilizando a política monetaria para afogar as familias coa suba das hipotecas e as pequenas empresas, para beneficio da banca". "É unha estafa ás maiorías sociais", engadiu Pontón, que concluíu: "sabemos que para saír desta encrucillada hai que poñer enriba da mesa os intereses da maioría. Son moitos os retos que temos por diante, pero temos que enfrontalos con decisión. Traballaremos arreo na rúa e nas institucións para achegar solucións a esta crise".