Queda aberta a posibilidade da privatización de parte dos terreos do peirao de San Diego, o de maior extensión, para asegurar o pagamento da débeda da Autoridade Portuaria
Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes, Puertos del Estado, Adif e Autoridade Portuaria da Coruña asinaron este mércores no Pazo de María Pita un novo protocolo para a reordenación da fachada marítima da cidade, un acordo que soterra definitivamente o convenio de 2004 -desbotado xa en varias ocasións nos últimos anos-, aínda que non parte do seu contido. O protocolo reafirma o carácter público dos peiraos de Calvo Sotelo e Batería (os dous máis próximos ao centro da cidade) pero que deixa abertas todas as posibilidades en relación ao peirao de San Diego, o mais extenso.
As administracións asinantes do protocolo coordinaranse a través dunha comisión denominada Coruña
Marítima, designada polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria e cuxa presidencia corresponderá á alcaldesa da Coruña, Inés Rey. As partes acordaron traballar de modo conxunto para establecer un cronograma que marque os pasos da transformación portuaria.

Non se fala en ningún momento de condonar a débeda que a Autoridade Portuaria mantén co Estado Central e tampouco se mencionou ningunha actuación para a súa reestruturación
A rexedora destacou que “estamos diante dunha oportunidade histórica para definir entre todos como será A Coruña do futuro”. Inés Rey apuntou na súa intervención que "este proxecto, Coruña Marítima, trascende ás nosas responsabilidades actuais: é un elemento central da segunda gran modernización da cidade que me comprometín a liderar. Estamos diante dunha oportunidade histórica de definir entre todos como será A Coruña do futuro".
O protocolo é, como adoitan ser os protocolos, máis xenérico que concreto, pero nel márcanse algunhas tomas de decisión claras como folla de ruta a seguir nos vindeiros anos. En primeiro lugar, destácase a necesidade de facer fronte á débeda que aínda arrastra a Autoridade Portuaria e, neste senso sinálase como "urxente" o obxectivo de "buscar unha solución á viabilidade económica e financeira da Autoridade Portuaria que teña en conta o valor social que a transformación dos espazos portuarios pode achegar".
O documento enuncia como "principio rector básico" a "titularidad pública" dos espazos portuarios, pero diferencia claramente entre a situación dos terreos de atería-Calvo Sotelo e os de San Diego
O protocolo non fala en ningún momento de condonar a débeda que a Autoridade Portuaria mantén co Estado Central e tampouco menciona ningunha actuación para a reestruturación da débeda, como si anticipara hai uns días o Ministro Óscar Puente. En cambio, si se recolle a previsión de que o Porto da Coruña obteña "recursos económicos procedentes da enaxenación de activos que deixen de ter un uso portuario"
O documento tamén enuncia como "principio rector básico" a "titularidad pública" dos espazos portuarios, pero diferencia claramente entre a situación dos terreos de Batería-Calvo Sotelo, nos que "o posicionamiento en canto á titularidade pública dos terreos se considera especialmente relevante", e os situados na zona de San Diego e no porto petroleiro.

O protocolo, ademais, prevé o traslado e reposición da Terminal Ferroviaria de Mercancías de San Diego e, ademais, o mantemento de actividades portuarias nos peiraos
Neste caso, o protocolo deixa abertas todas as posibilidades (o seu carácter público ou a súa privatización) e os seus usos (entre eles a construción de vivendas ) sinalando que "os usos que finalmente se adopten e a titularidade consecuente dos espazos sobre os que se asenten, haberán de analizarse á luz da situación actual do porto e da cidade, moi diferente á existente en 2004 cando se asinaron os convenios orixinais, tendo en conta a dobre necesidade de xerar un espazo urbano moderno e sustentable, coa necesaria xeración de recursos económicos por parte da Autoridade Portuaria".
O protocolo, ademais, prevé o traslado e reposición da Terminal Ferroviaria de Mercancías de San Diego e, ademais, o mantemento de actividades portuarias nos peiraos.
As administracións asinantes do protocolo coordinaranse a través dunha comisión denominada Coruña
Marítima, designada polo Consello de Administración da Autoridade Portuaria e cuxa presidencia corresponderá á alcaldesa da Coruña, Inés Rey
Nos seus obxectivos o proxecto, denominado Coruña Marítima, conclúe que a reordenación do espazo portuario busca "recuperar as relacións da cidade co mar na fronte portuaria, resolvendo os problemas de mobilidade e o déficit de espazos e de dotacións públicas dos barrios limítrofes" pero tamén "contribuír a garantir a competitividade e sostibilidade financeira da Autoridade Portuaria".
“Ábrese unha etapa de frutífera colaboración e cooperación administrativa, de entendemento institucional, na transformación e reordenación urbanística dunha boa parte dos espazos portuarios interiores, que pode xerar un amplo beneficio económico para a propia Autoridade Portuaria e un gran beneficio social para a cidadanía”, índica o documento.
O portavoz do BNG no Concello e presidente da Comisión Especial da Fachada Marítima, Francisco Jorquera, avalía como “positiva” a sinatura do protocolo entre as distintas administracións públicas para a transformación dos terreos do porto interior, mais ao tempo advirte que “simplemente marca un comezo, está todo aínda por facer”.
O BNG avalía igualmente como positivo "que se parta da idea de os peiraos manteren a titularidade pública" e tamén "o consenso entre as administracións sobre a necesidade de a dársena interior continuar a ser un motor económico da cidade e da Galiza".