Unha primeira lectura do resultado electoral do 28M en Galicia deixa dous gañadores claros: PP e BNG, que melloran sensiblemente os datos de hai catro anos. Pero onde soben? Aumentan máis na Galicia urbana ou no rural? Fano das vilas? Onde caeu máis o PSdeG, que perdeu un gran número de votos?
Dos 50.000 votos que gaña o PP, case a metade (uns 22 mil) corresponden ás sete cidades, uns 15 mil ás grandes vilas (entre elas está O Porriño) e uns 10 mil ás vilas entre 10 e 20 mil habitantes. No resto do país, os populares practicamente repiten os seus resultados de hai catro anos
A análise polo miúdo dos datos amosa que o PP medrou especialmente nas cidades e vilas, mentres que se mantivo nos concellos de menos de cinco mil habitantes. En cambio, o BNG medrou en todo tipo de localidades, tanto urbanas como rurais. E o PSdeG baixou en todos os ámbitos, pero sobre todo nas cidades.
Así, dos 50.000 votos que gaña o PP, case a metade (uns 22 mil) corresponden ás sete cidades, uns 15 mil ás grandes vilas (entre elas está O Porriño) e uns 10 mil ás vilas entre 10 e 20 mil habitantes. No resto do país, os populares practicamente repiten os seus resultados de hai catro anos, cunha leve suba nos concellos entre 5 e 10 mil habitantes e mesmo un pequeno descenso nas localidades por debaixo de 2 mil habitantes.
O BNG, en cambio, sobe en todos os ámbitos e os máis de 50 mil votos que aumenta distribúense de forma bastante uniforme en todo tipo de concellos. Con todo, os nacionalistas son os que máis medran nas cidades (+25 mil votos), que se constitúen no espazo cun maior ascenso cuantitativo para o Bloque
O BNG, en cambio, sobe en todos os ámbitos e os máis de 50 mil votos que aumenta distribúense de forma bastante uniforme en todo tipo de concellos. Con todo, os nacionalistas son os que máis medran nas cidades (+25 mil votos), que se constitúen no espazo cun maior ascenso cuantitativo para o Bloque. As listas do BNG medran tamén nas grandes vilas (+10 mil), nas vilas medias (+7 mil) e tamén nos concellos menos poboados. De feito, son a única formación que medra nas localidades de menos de dous mil habitantes.
Finalmente, o PSdeG baixa en todo tipo de concellos, aínda que o groso dos 70 mil votos perdidos polos socialistas se concentra nas cidades (-30 mil), especialmente na cidade de Vigo (-20 mil), onde no 2019 acadara un resultado historicamente bo. O PSdeG baixa tamén nas grandes vilas (-20 mil) e especialmente nas vilas medias (-13 mil). E faino igualmente nas localidades menos poboadas, sobre todo nos concellos entre 2 e 5 mil habitantes, onde cae uns 8 mil votos.
A pesar da mellora do PP e do descenso do PSdeG, o bloque progresista segue a ser hexemónico nas cidades, onde o PP pasa do 25,6% ao 31,2%, pero os socialistas continúan a ser a primeira forza (35%), aínda que perden case cinco puntos
Así, o resultado do 28M deixa esta foto fixa nos distintos tipos de concello. A pesar da mellora do PP e do descenso do PSdeG, o bloque progresista segue a ser hexemónico nas cidades, onde o PP pasa do 25,6% ao 31,2%, pero os socialistas continúan a ser a primeira forza (35%), aínda que perden case cinco puntos. O BNG sobe ata o 16%, moi por riba do 10,5% de hai catro anos, pero aínda lonxe dos máximos acadados hai dúas décadas (23,8%).
O ascenso do PP tamén é claro nas grandes vilas, onde pasa do 32% ao 39% dos votos e supera a suma de PSdeG (19,4%) e BNG (18,3%) por primeira vez dende o 2011. A suba dos nacionalistas e a caída dos socialistas case iguala os resultados de ambas as dúas formacións neste ámbito.
O ascenso do PP tamén é claro nas grandes vilas, onde pasa do 32% ao 39% dos votos e supera a suma de PSdeG (19,4%) e BNG (18,3%) por primeira vez dende o 2011
O bloque progresista segue claramente por diante, en cambio, nas vilas entre 10 e mil habitantes, onde o PP tamén mellora catro puntos, ata ficar no 38% dos votos, aínda lonxe da suma de PSdeG (27%) e BNG (19%).
Nos concellos entre 5 e 10 mil habitantes os cambios son menores: o PP só aumenta dos puntos, do 37% ao 39% dos votos, os mesmos que mellora o BNG e o PSdeG só cae tres. Así, a suma das dúas formacións progresistas (46%) segue a superar clararmente os votos do PP.
Nos concellos entre 5 e 10 mil habitantes os cambios son menores: o PP só aumenta dos puntos, do 37% ao 39% dos votos, os mesmos que mellora o BNG e o PSdeG só cae tres. Así, a suma das dúas formacións progresistas (46%) segue a superar clararmente os votos do PP
Tampouco varían demasiado os datos nas localidades entre 2 e 5 mil habitantes, nas que o PP si é claramente hexemónico, pasando do 45,5% ao 46,7%. O PSdeG cae aquí con máis forza (catro puntos, do 29% ao 25%) e o BNG sobe case tres (do 14,6% ao 17,3%).
Finalmente, nas localidades menos poboadas, por debaixo dos dous mil habitantes, un ámbito claramente rural, o PP mantén o seu resultado de hai catro anos e fica no 49,6% dos votos. Onde si se produce un gran cambio é na distribución interna no bloque progresista, cunha caída importante do PSdeG, do 32,5% ao 27,8% e un ascenso significativo do BNG, que pasa do 9,9% ao 13,7%
Nas cidades, o BNG sobe ata o 16%, moi por riba do 10,5% de hai catro anos, pero aínda lonxe dos máximos acadados hai dúas décadas (23,8%)
Así, na situación global nas sete cidades continúa encabezada polo PSdeG, pero o PP consegue o seu mellor resultado dende o 2011. O BNG mesmo supera os votos que acadara nesa convocatoria de hai doce ano a acada os seus mellores rexistros urbanos dende o 2007.
En cambio, as mareas continúan a perder votos e obteñen 35 mil menos que hai catro anos e 70 mil menos que no 2015. Ciudadanos practicamente desaparece do voto urbano, ámbito no que chegara a superar os 20 mil votos en 2011 e 2015. Pola contra, VOX continúa a súa progresión en Galicia, aínda que o ascenso é lento: pasa de algo menos de 9 mil votos a algo máis de 14 mil.
Por comarcas
Entre as 53 comarcas galegas, o PP foi a forza máis votada en todas agás en 7, onde gañou o PSdeG (Vigo, Meira, A Mariña Central, A Fonsagrada, Fisterra, Terra de Soneira e Eume)
Entre as 53 comarcas galegas, o PP foi a forza máis votada en todas agás en 7, onde gañou o PSdeG (Vigo, Meira, A Mariña Central, A Fonsagrada, Fisterra, Terra de Soneira e Eume). Porén, máis interesante que ver cal foi a primeira forza, é ver a evolución de PP, PSdeG e BNG dende o 2019.
O PP sobe en 38 comarcas, especialmente nas urbanas (Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra), pero tamén no Baixo Miño, O Salnés, O Morrazo, O Condado (as catro na provincia de Pontevedra, onde se fixo co goberno da Deputación), e na Mariña Oriental, onde se fixo coa alcaldía de Ribadeo. En cambio, baixa en 14 comarcas, sobre todo na Limia, o Barbanza, Terra de Celanova e O Sar.
O BNG subiu en 46 comarcas, sobre todo nas urbanas de Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense, pero tamén no Morrazo, A Limia, O Salnés, Betanzos, Caldas e Bergantiños
O PSdeG, pola contra, só mellora resultados en 9 comarcas, encabezadas por Pontevedra, Barbanza e Terra de Soneira. Baixa en todas as demais, encabezadas polas urbanas Vigo, Santiago, Ourense, A Coruña e Ferrol, e tamén no Salnés, Bergantiños, O Carballiño, Terra Chá, A Mariña Occidental, O Baixo Miño e o Ortegal.
Finalmente, o BNG sobe en todas as comarcas agás en sete, con perdas encabezadas polas de Pontevedra, O Condado, A Mariña Oriental e Allariz-Maceda. Porén, a dinámica xeral foi de ascenso, sobre todo nas comarcas urbanas de Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense, pero tamén no Morrazo, A Limia, O Salnés, Betanzos, Caldas e Bergantiños.