No inicio da primeira fin de semana da campaña electoral, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou Burela para apoiar a candidatura socialista encabezada por Carmela López, que releva na cabeza da lista a Alfredo Llano García, alcalde dende o 2015. López era ata agora concelleira de Servizos Sociais e Mar, sector clave da economía da localidade.
González Formoso centrou a súa intervención no apoio do PSdeG-PSOE ao sector de Mar-Industria, que dá traballo a máis de 40.000 persoas en Galicia
González Formoso centrou a súa intervención, precisamente, no apoio do PSdeG-PSOE ao sector de Mar-Industria, que dá traballo a máis de 40.000 persoas en Galicia. O líder dos socialistas galegos visitou a feira pesqueira Expomar xunto coa candidata socialista á alcaldía da que que dixo que representa “ilusión, xuventude e experiencia de xestión” no Concello.
O líder dos socialistas galegos visitou a feira pesqueira Expomar xunto coa candidata socialista á alcaldía
O responsable socialista ofreceu unha “mensaxe de optimismo e ilusión” dos socialistas galegos a un sector “polo que levamos moito tempo pelexando”, na defensa da pesca de fondo, a pesca de cerco ou a continuidade das instalacións concesionadas no sector mar – industria. Formoso reivindicou “competencias plenas na xestión do litoral polo ben do sector e polo futuro de Galicia”.
Evitar "bums inmobiliarios e hoteleiros"
En Burela, ademais, González Formoso emprazou ao PP e ao Goberno galego a aceptar as emendas dos socialistas á Lei do Litoral para “mellorar un texto que vai permitir bums inmobiliarios e hoteleiros”. Neste senso, chamou a "evitar" que a costa galega “se converta nun novo Mar Menor ou na costa andaluza”.
Emprazou ao PP e ao Goberno galego a aceptar as emendas dos socialistas á Lei do Litoral para “mellorar un texto que vai permitir bums inmobiliarios e hoteleiros”
Con todo, reiterou o apoio dos socialistas á tramitación da Lei do Litoral de Galicia, que está pendente de afrontar a súa primeira votación de toma en consideración no Parlamento. E explicou que o PSdeG apoiará o texto nesa primeira votación que iniciará o trámite parlamentario coa condición de mellorar a Lei a través de emendas.
Finalmente, esixiulle á Xunta que “se centre na xestión do litoral” e en “eliminar incertidumes no sector”, que conta con 568 instalacións na costa galega e da que dependen decenas de milleiros de familias, para que “non haxa dúbidas á hora de investir e de garantir o futuro laboral”.
Pola tarde, na Guarda
Pola tarde, Formoso visitou A Guarda, un concello situado no outro extremo de Galicia pero onde a pesca tamén é “bandeira”
Xa pola tarde, Formoso visitou A Guarda, un concello situado no outro extremo de Galicia pero onde a pesca tamén é “bandeira”. Alí acompañou o alcalde e candidato á reelección, Antonio Lomba, e destacou que o concello é a sede da Organización de Palangreiros Guardeses -Orpagu-, coa que “colaboramos habitualmente dende o PSdeG”, como interlocutores co Goberno.