Rueda evita chamar xenocidio ao que pasa en Gaza: "Unha auténtica salvaxada que ten que parar canto antes"

Rueda durante o Consello da Xunta deste luns CC-BY-SA David Cabezón - Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi preguntado este luns de xeito expreso sobre se o que está facendo Israel en Gaza é un "xenocidio" e "se usaría esa palabra ou como o definiría". A resposta do presidente foi esta: "Paréceme unha auténtica salvaxada, non ten nome e ten que parar canto antes". 

Protestas en Mos o pasado martes durante a Volta a España © Manoel Santos

O presidente engadiu que "as denominacións máis técnicas creo que non poden ocultar o que está pasando, e o que está pasando é que están morrendo miles de persoas e iso debe parar".

O presidente argumenta que "as denominacións máis técnicas creo que non poden ocultar o que está pasando, e o que está pasando é que están morrendo miles de persoas e iso debe parar"

Pero Rueda foi máis alá da pregunta, que se centraba exclusivamente na denominación do que sucede en Gaza ante a reticencia do PP a denominalo xenocidio. O presidente quixo referirse tamén a "os métodos e consecuencias que empregan algunhas persoas" para protestar contra Israel, dos que dixo que "non son os axeitados". "Non é de recibo en absoluto as manifestacións do presidente do Goberno, un auténtico irresponsable", dixo Rueda sobre o apoio de Pedro Sánchez ás protestas cidadás contra Israel, que nas últimas xornadas supuxeron a suspensión dos quilómetros finais de varias etapas da Vuelta a España, como a que debía rematar en Mos o pasado martes.

Protesta en Mos o pasado martes no final da etapa de La Vuelta © BNG Vigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.