"Cando che outorgan unha maioría absoluta é porque queren que os escoites e fagas cousas útiles, non para apisoar”, dixo
Hoxe hai un ano Alfonso Rueda xurou o seu cargo como Presidente da Xunta, en substitución de Alberto Núñez Feijóo. Rueda celebrou o aniversario este domingo en Culleredo, nun mitin comarcal no que acompañou a Diego Calvo e ás candidatas do PP en Oleiros, Cambre e Culleredo, localidades da área metropolitana coruñesa nas que o PP está moi lonxe de aspirar a acadar a Alcaldía.
Na súa intervención, Rueda -que goberna cunha férrea maioría absoluta herdada de Núñez Feijóo- foi crítico cos executivos apoiados por maiorías absolutas e afirmou que “aínda que algúns políticos con maioría absoluta non o vexan necesario, é máis necesario que nunca escoitar á xente". "Porque cando che outorgan unha maioría absoluta é porque queren que os escoites e fagas cousas útiles, non para apisoar”, dixo
Porén, tamén dixo que “as cousas que se fan ben non hai por que cambialas” e "máis cando veñen apoiadas por catro maiorías absolutas
De igual xeito, sinalou que “os populismos, nas súas diferentes maneiras, teñen algo en común: o interese por perpetuarse e moitas veces tamén estenderse. Pero en realidade un só non chega moi lonxe. Chégase moito máis lonxe en alianza, co apoio dos compañeiros, en colaboración con outras administracións e cunha actitude de man tendida”.
Rueda afirmou que “torres máis altas caeron", e que "tan só fai falta ter ilusión, ganas e facer propostas para que a xente perciba que o cambio é posible”
Porén, tamén dixo que “as cousas que se fan ben non hai por que cambialas” e "máis cando veñen apoiadas por catro maiorías absolutas". “Cando a xente traballa aínda máis e as cousas están ben feitas, todo funciona”, engadiu.
En canto á política local da área metropolitana da Coruña, onde o PP só goberna en Arteixo e Abegondo, Rueda afirmou que “torres máis altas caeron", e que "tan só fai falta ter ilusión, ganas e facer propostas para que a xente perciba que o cambio é posible”.

Rueda pechou a súa intervención pedíndolles "humildade" aos 313 candidatos e candidatas do PPdeG para que alá onde se goberna “a xente teña novas razóns para seguir confiando” e, no resto, “explicando por que somos merecedores desa confianza”. “Non se trata de ir contra ninguén nin perder o tempo falando do que non se fixo. Trátase de convencer á xente do que podemos facer”, concluíu.