O presidente asegura que a Xunta comprobará se a fábrica cumpre os requisitos ambientais pero pide "non deixar pasar oportunidades que outros aproveitarán"
"Foi unha manifestación pacífica, polo tanto merece todos os meus respectos". Así comezou este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa valoración sobre a multitudinaria marcha celebrada este domingo en Palas de Rei contra a fábrica que Altri quere instalar nesa vila, pendente de autorización ambiental por parte da Xunta e de subvencións públicas. O presidente tamén insistiu, como vén facendo hai meses, en que o Goberno galego só autorizará o proxecto que cumpre cos requisitos ambientais, pero pide "non deixar pasar oportunidades que outros aproveitarán".

A manifestación contra Altri ocupou o groso das preguntas ao presidente tras o Consello da Xunta deste luns. Nas súas respostas Rueda incidiu en primeiro lugar e reiterou despois que fora "pacífica", engadindo que nela houbo "xente de boa fe" e "chegada doutros puntos de Galicia". Pero tamén sinalou motivacións supostamente espurias. "Que aquí hai un interese político o teño clarísimo", dixo, apuntando ao BNG.
Rueda pediu "exactitude nalgunha das afirmacións que se fixeron" pero evitou concretalas
Rueda tamén asegurou que "algunha das cousas que se dixeron alí creo que non son así" e pediu "exactitude nalgunha das afirmacións que se fixeron". Porén, repreguntado sobre que cousas serían mentira, o presidente evitou ser exacto e dixo que a propia empresa "falou respecto a toxinas e utilización de cloro".
Manifestación contra Altri en Palas de Rei (26/5/24)
-
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
Cabececeira da manifestación contra Altri -
Algunhas das faixas que se viron manifestación contra Altri -
A manifestación contra Altri, polas rúas de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
Faixa de ADEGA na manifestación contra Altri -
Faixa da CIG na manifestación contra Altri -
Cabeceira da manifestación contra Altri -
Cabeceira da manifestación contra Altri -
Faixa na manifestación contra Altri -
Faixa do BNG na manifestación contra Altri -
Faixa de Ecoloxistas en Acción e Greenpeace na manifestación contra Altri -
Faixa de confrarías e bateeiros da Ría de Arousa na manifestación contra Altri -
Participantes na manifestación contra Altri -
Participantes na manifestación contra Altri -
Participantes na manifestación contra Altri -
Faixa na cabeceira da manifestación contra Altri -
A marcha, polas rúas de Palas de Rei -
Ana Pontón e Ana Miranda, na faixa do BNG na manifestación contra o proxecto de Altri -
Carteis de Greenpeace na manifestación contra Altri -
Faixa da APDR na manifestación contra Altri -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
A manifestación contra Altri, na Praza da Feira de Palas de Rei -
Manifestación contra Altri en Palas de Rei -
Manifestación contra Altri en Palas de Rei -
Manifestación contra Altri en Palas de Rei
Rueda remitiu ao remate da avaliación ambiental que está a facer a Xunta para "que se xan os propios técnicos quen expliquen a realidade do que se presentou". Será daquela cando o Goberno galego se pronuncie sobre o proxecto e o autorice "se cumpre" cos requisitos ambientais. Porque, di o presidente, "non podemos deixar pasar oportunidades que outros aproveitarán sen lugar a dúbidas".
O presidente tamén foi preguntado pola petición do líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, para que aclare se a Xunta vai destinar fondos públicos ao proxecto de Altri. Rueda xa comprometera o seu apoio no Parlamento e este luns optou por reclamar el ao socialista que aclare se a fábrica vai contar con fondos do Goberno de España.