Política
Varios manifestos políticos anticipan o 25 de xullo
O BNG presenta xunto con outras entidades políticas e sociais un documento a favor da soberanía de Galicia. Esquerda Unida chama a "decidilo todo" no seu Manifesto pola rebelión democrática. Anova convida a participar "nas iniciativas cidadás que se argallan polo país como fórmulas alternativas ao bipartidismo"
O test do nacionalismo galego
Xesús Veiga
O emperador vai espido
Xoán Antón Pérez-Lema
O alcalde de Muras inaugura a súa polémica aldea etnográfica
O proxecto, ideado polo rexedor popular Issan Alnagm, foi moi criticado polos grupos da oposición polo seu elevado custe e por supostas irregularidades na adquisición das terras e os inmobles e na execución das obras.
Feijoo defende dar a medalla de Angrois o 24 contra o criterio da veciñanza e parte das vítimas
O Goberno galego abre a porta a entregalle o galardón á asociación veciñal noutra xoranda pero o presidente defende que hai "un motivo máis que fundado" para que o acto oficial se celebre xusto no aniversario do sinistro, día para o que os colectivos de vítimas preparan actos de seu.
Sete euros do Goberno de España para cada menor galego en risco de pobreza
A Xunta recibe algo menos de 725.000 euros do fondo estatal para atender a pobreza infantil e amosa a súa disconformidade co criterio empregado para o reparto, pero non coa súa dotación económica. No ano 2012, utilizado como referencia, había en Galicia unhas 100.000 persoas menores de idade pobres no país.
Podemos é o Mal
Millán Fernández
Un recurso discute o sobresemento do caso Someso
A pasada semana a xuíza decidiu arquivar a denuncia contra Francisco Vázquez e Antonio Fontenla por irregularidades e ilegalidades ao redor da venda de terreos municipais no coruñés polígono de Someso.
Que fixeron os eurodeputados galegos ao chegar?
O popular Millán Mon estrea a lexislatura comunitaria cunha iniciativa sobre Rusia e Ucrania e Senra, de AGEe, faino reclamando unha renda básica universal europea. BNG e CxG tramitan tamén as súas primeiras achegas a través dos representantes de Bildu e do PNV.
Feijóo promételle a Hernández un bosque no Gaiás anunciado en 2012
O presidente da Xunta recibe o terceiro alcalde de Santiago no que vai de mandato con anuncios de investimentos na Cidade da Cultura e na catedral.
"Propoñemos un proceso liderado pola cidadanía para gobernar Ames"
O vindeiro sábado celébrase a I Romaría de Ames Novo, que a pasada semana lanzou unha proposta para conformar unha candidatura cidadá aberta para concorrer ás eleccións municipais do vindeiro ano. Falamos co seu coordinador, Quique Costas.