Política
A Xunta gasta 290.000 euros en promocionar Galicia coa última etapa da Vuelta
A Axencia de Turismo adxudica a Unipublic a promoción do país "a través" da última tirada que se celebrará en Compostela. A cantidade é case o dobre do que o mesmo organismo gastou na edición do ano pasado nun anuncio promocional.
O falso problema do legalismo ideolóxico
Gabriel Vezeiro-Sueiras
Falsos inimigos: populismo e tecnocracia
O debate político está a dividirse entre a xestión tecnocrática dos partidos do centro e os intentos de ruptura dos chamados partidos populistas pero, cal é a relación que manteñen populismo e tecnocracia?
Que facemos co encoro da Baxe, no Umia?
Quinteiro do Umia analiza nesta reportaxe o estado actual do Plan Umia, un custoso proxecto (22 millóns de euros) posto en marcha en 2011 pola Consellaría de Medio Ambiente para atallar a grave contaminación da presa, que aínda persiste.
A Cidade da Cultura
Xosé Coello
As municipais moven os marcos da esquerda galega
Manifestos, chamadas á unidade, plataformas cidadás pola confluencia, autonomía local para as listas ou alcaldes nacionalistas que reclaman liberdade para pactar as candidaturas. Os comicios locais ameazan con variar a conformación das alternativas á dereita e ao bipartidismo.
O Estado recúa e manterá os 45 partidos xudiciais de Galicia
Así o anunciou o ministro de Xustiza tras a súa xuntanza con Núñez Feijóo. Vigo, Compostela e Ferrol tamén terán un tribunal de instancia propio, tras a rectificación do Goberno central da lei de reforma da planta xudicial.
Jordi Pujol non é Catalunya
Suso de Toro
Baltar, o "cacique bo" que fixo da Deputación a súa "empresa privada"
O ex presidente do PP de Ourense foi condenado a nove anos de inhabilitación por un delito de prevaricación continuada tras se demostrar que colocou 104 persoas no organismo provincial. A sentenza non terá efecto ningún ao estar xa retirado da política.
O Goberno activa desde hoxe o pago de centros privados ás familias que exixan o castelán
Os pais que rexeiten modelos lingüísticos por considerar que non se lles garante o ensino en español poden solicitar desde este xoves que a Administración lles subvencione a escolarización dos fillos, tras a publicación no BOE dun decreto que nada fai por garantir o ensino en galego.
"A Marea Atlántica quere gañar e non un ou dous concelleiros simbólicos"
Marta Paz e David Lareo, dous dos voceiros do proceso, falan da iniciativa que busca "recuperar María Pita para o 99%" a través dunha confluencia cidadá que remate nunha candidatura para as municipais de 2015 na Coruña.