O PP responsabiliza a Zapatero do dique flotante que rexeitou o Goberno de Rajoy
Os conservadores rexeitan que Feijóo acuda ao Parlamento para explicar a negativa a construír a infraestrutura en Navantia Ferrol, que a empresa pública considera "inviable". O deputado Miguel Tellado responsabiliza integramente o anterior Goberno de España e mais a Joaquín Almunia.