A Galicia minguante estrágalle a Feijóo a celebración de media década no poder
O presidente da Xunta aférrase aos datos do padrón de 2012 e obvia os de 2013. O INE e o IGE acreditan a saída de mocidade ao estranxeiro, a mingua de poboación xuvenil e o incremento continuado do envellecemento.