Política
En Marea e BNG contraprograman o aniversario do AVE con denuncias sobre o tren da costa norte galega
Ao tempo que PP e PSOE volven unirse para celebrar os 25 anos do AVE Madrid-Sevilla, En Marea e BNG critican o abandono do tren en Ferrolterra e A Mariña
As outras cifras do AVE: as obras en Galicia acumulan 7 mortos
No 25 aniversario do tren Madrid-Sevilla, en Galicia hai 242 quilómetros en servizo, 80 en obras, e aos 80 mortos no accidente de Angrois hai que sumar os 7 falecidos na construción
"A inmersión lingüística debería ser o único modelo educativo"
ENTREVISTA | Paul Bilbao é o secretario xeral de Kontseilua, plataforma das asociacións polo pleno desenvolvemento do éuscaro e entidade responsable da comisión de seguimento do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, documento que presenta estes días en Galicia
Feijóo asume que o treito Taboadela-Ourense do AVE non estará ata 2024
O presidente xustifica gastar uns cen millóns na adaptación da vía actual neses 17 quilómetros e nega que supoñan renunciar ao novo trazado, que custará outros 585 millóns
Arquivada a causa contra cargos do PP por carrexar anciáns con demencia nas eleccións de 2012
A Audiencia lucense certifica que a carretaxe se produciu e concorda no "reproche ético e social" dos feitos, pero non cre que encaixen nos delitos tipificados pola lei. Unha das maxistradas da Sala oponse ao arquivo por ver necesario seguir adiante e imputar a directora do asilo
A Xunta destina 40 millóns a contratar helicópteros de salvamento tras vender os que tiña
O Consello de Contas censurou que non se fixese “ningún estudo sobre a repercusión da venda dos helicópteros” no prezo da contratación que agora se inicia
Descobren no Porriño centos de currículos dunha feira de emprego nunca entregados a empresas
O achado foi denunciado polo actual Goberno municipal, que responsabiliza dos feitos ao concelleiro de emprego na pasada lexislatura, Alejandro Lorenzo, hoxe líder do PP na localidade
Media década a agardar por unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia
A nova postura da Fiscalía Xeral do Estado, que ve "probable" e "conveniente" unha delegación galega de Anticorrupción, crea esperanza no cumprimento dunha demanda que a fiscalía superior galega vén formulando sen éxito e sen apoio da Xunta
A investigación das dietas en Valga impulsa outra denuncia por pagos "análogos" en Porto do Son
Toda a oposición solicita un pleno extraordinario sobre unhas xuntanzas que consideran "irregulares", das que non teñen actas e semellantes ás que investiga a Xustiza na localidade pontevedresa. Non descartan levar á Fiscalía uns pagos que xa foron denunciados noutros seis concellos de Galicia.
Adif encarga obras entre Taboadela e Ourense que fan dubidar da prometida nova liña de AVE
O ente público impulsa ao tempo un cambiador de ancho para os trens e a adaptación das vías actuais á alta velocidade, cando unha soa das dúas actuacións xa garantiría un uso provisional, segundo expertos consultados. O PSdeG ve unha “sentenza” ao último treito do AVE galego.
A falta de competencias volve impedir á Xunta actuar contra Audasa polos atascos da AP-9
O Goberno galego ten que se limitar a "trasladar" as protestas a Fomento, que en anteriores ocasións abriu expedientes a Audasa sen maiores consecuencias. Infraestruturas oponse a que a concesionaria suba as peaxes antes da fin das obras de ampliación.