Bescansa augura un pacto de esquerda en Galicia rápido e "con poucas discusións"
Luís Villares garante que, se o PP perde a absoluta, "abriremos un diálogo" co resto de forzas "sexa cal sexa a posición na que nos coloquen os cidadáns".
Luís Villares garante que, se o PP perde a absoluta, "abriremos un diálogo" co resto de forzas "sexa cal sexa a posición na que nos coloquen os cidadáns".
A iniciativa beneficiará a 130 persoas de 18 a 25 anos. A taxa de actividade dos menores de 25 non deixou de reducirse dende a chegada de Feijoo ao poder. A taxa de paro entre os 16 e 19 anos é do 64% e entre os 20 e os 24 sitúase no 41%, moi por riba dos datos de 2009.
O BNG ve na oferta laboral da Deputación en plena campaña o "medo" do PP e En Marea considérao "premeditado e electoralista". Feijóo comparte mitin co presidente provincial, que carga contra "sociolistas e mareantes" e presume de ser o celeiro de votos do seu partido.
ENTREVISTA A candidata do BNG á Presidencia mantén que a formación soberanista "non repetirá a irresponsabilidade das forzas estatais, que entraron nun xogo de tronos ata resucitar o cadáver político de Rajoy. "O que xa facemos nos concellos, podémolo facer en Galiza", mantén.
Mentres Feijóo resta importancia ás enquisas que lle dan a maioría absoluta para que os seus non se desmobilicen, o presidente do Goberno en funcións di que “custa menos ser feliz coas enquisas a favor que en contra”.
O candidato socialista á Xunta reivindica a "estabilidade" do gobernos de coalición noutras autonomías ou de minoría en Lugo e volve asegurar un acordo se o PP perde a maioría absoluta. Pedro Sánchez chama a "desterrar a resignación" para botar "o delegado de Rajoy en Galicia".
PERFIL | O PP explota a paternidade do seu candidato para humanizalo mentres relativiza as súas amizades con Pachi Lucas, o suposto “conseguidor” imputado na fraude dos cursos de formación, e con Marcial Dorado cando era número dous da sanidade galega.
O DOG publica este mércores a convocatoria dun concurso ordinario para 128 prazas. O PSdeG censura a "descarada utilización política" e lembra a “lamentable historia de nepotismo, compra de vontades e ata presunto acoso sexual que agocha a xestión de persoal do ente por parte dos Baltar”.
Os investigadores Paulo Carlos López e Iván Puentes presentaron nun congreso en Quito unha guía sobre o que debería e non debería facer un executivo formado por varios partidos. A análise parte dos erros e acertos do Bipartito
A candidata do BNG asegura que “o máis diferente e rebelde que se pode ser en Galicia é nacionalista” e di que a chave do cambio son os escanos que disputan os nacionalistas ao PP "en todas as circunscricións".
Coñecemos o número 1 do BNG por Pontevedra
Como en 2009, cando aseguraban que “PSOE e BNG queren quedar coas túas terras”, os populares din agora que “a proposta da marea para o rural é expropiar as fincas que non se traballen”. Porén, foi o actual goberno do PP o que impulsou unha lei para a "mobilización das terras en manifesto estado de abandono".