Política
Lores: "O modelo de Pontevedra tivo protestas, pero hai que tomar decisións políticas con valentía"
ENTREVISTA Miguel Anxo Fernández Lores vén de cumprir o primeiro do seu quinto mandato como alcalde de Pontevedra. Dende a defensa do "modelo urbano" da cidade analiza o panorama político pontevedrés e galego e tamén os erros e retos do BNG. "Ou non soubemos transmitir a mensaxe ou nos trabucamos na mensaxe; cómpre recoñecelo para avanzar", di.
BNG: “Estamos fartas de tanto macho alfa na política e queremos vivir en igualdade”
O BNG presentou as súas propostas en materia de igualdade e de loita contra o terrorismo machista nun acto celebrado na Coruña no que participaron as cabezas de lista por Ourense e Lugo, Noa Presas e Olalla Rodil, e tamén a portavoz nacional da formación, Ana Pontón,
A suma de Unidos Podemos e PSOE, por diante da PP-C's. En Marea podería subir un escano
Nos últimos tres días publicáronse unha ducia de enquisas de ámbito estatal. Coinciden en prognosticar o sorpasso e en prever un pequeno ascenso do PP que, con todo, sumaría un máximo de 167 deputados con Ciudadanos. A estimación para Unidos Podemos e PSOE oscila entre os 160 e 175 escanos.
As candidaturas municipalistas recuperan o protagonismo na campaña de En Marea
Xulio Ferreiro, o concelleiro de Ahora Madrid Guillermo Zapata e representantes de Compostela Aberta e Ourense en Común a acompañaron os e as candidatas no mitin celebrado en Pontevedra.
Radiografía electoral: Os 56 concellos que deciden dous de cada tres votos
Repasamos a evolución electoral das principais forzas políticas nas localidades galegas que superan os 10 mil habitantes. Cidades e vilas que suman 1,9 millóns de persoas. Gráficos no interior
O BNG demanda dende O Burgo a rexeneración integral das rías galegas
Carlos Callón lembrou que estes espazos “foron a primeira empresa de Galiza". "Só a Ría da Coruña xeraba 5.000 empregos e hoxe apenas un cento de mariscadoras, que traballan en condicións de precariedade porque non chegan ao salario mínimo”, denunciou
As solicitudes de voto por correo aumentan máis dun 32% en Galicia
Ata o xoves, sen contar as admitidas o último día, rexistráranse 72.096 peticións, fronte a un total de 54.641 o pasado mes de decembro. O crecemento no conxunto de España é do 85,6%.
Leiceaga acusa a Feijóo e Rajoy da "situación de emerxencia social" de España e Galicia
O candidato socialista culpa ás políticas económicas e de redución de gasto do PP da difícil situación de quen está "sen emprego nin dereito a prestacións"
Moreas de denuncias pola ausencia de papeletas de En Marea para votar por correo
A formación política e Marea Granate reciben moreas de queixas de votantes residentes no estranxeiro que reciben a documentación para votar pola circunscrición de Pontevedra sen a opción da confluencia galega.
A xuíza busca facturas dos dous gobernos anteriores no Concello de Santiago
Axentes de Vigilancia Aduanera estiveron este venres recopilando información durante unha hora por mandato da xuíza Pilar de Lara, instrutora do caso Pokemon, que investiga o papel de Ángel Espadas, xefe de gabinete do alcalde popular Gerardo Conde Roa e logo traballador da firma investigada.
O BNG 'gaña' o voto de Clint Eastwood
O Bloque resume en cinco minutos o seu programa electoral nun exitoso video cheo de referencias musicais e cinematográficas nos que o actor estadounidense 'asegura' o seu apoio á formación nacionalista: "Heino facer!".