En Marea asegura que axudará a "reverter" as privatizacións dos parques de bombeiros
A coalición asegura en varias xuntanzas co sector que promoverá o Estatuto de Bombeiro que reclama o persoal
A coalición asegura en varias xuntanzas co sector que promoverá o Estatuto de Bombeiro que reclama o persoal
O candidato socialista á Xunta ve o seu partido en condicións de superar as sondaxes "na parte final da campaña, que é a fase decisiva", e carga contra Iglesias por non vir a Galicia e "mandar dous emisarios".
A xuíza fixa a declaración de José Luis Baltar como investigado na causa contra o seu fillo para o vindeiro 29 de setembro, ás portas da campaña dos comicios ao Parlamento.
Reivindica o Bloque como a opción que vai máis aló do "menú dos catro magníficos". O BNG presenta novo vídeo electoral, no que se "actualizan imaxes icónicas que se reinterpretan para rachar tópicos e amosar un país vivo, moderno, aberto, integrador e diverso". Pode velo no interior.
As persoas maiores teñen cada vez máis peso no electorado galego mentres a mocidade pasou de ser o sector máis relevante ao menos numeroso. Os estudos postelectorais do CIS indican que o PP conserva a súa preponderancia fundamentalmente en persoas de máis de 65 anos.
A XEC permite os logotipos en adhesivos pegados á roupa, pero non en camisolas, porque as considera "propaganda electoral"
As sondaxes auguran que o PP non se recuperará da caída do 20D, asentan En Marea como segunda forza e poñen en risco un escano do PSdeG en Pontevedra
A vicepresidenta pide un “goberno moderado fronte a un goberno morado” e, tras un acelerado paseo pola praia viguesa, senta no chiringuito -agora aséptico 'lounge'- que rexentara a finada estridente musa do primeiro fraguismo
Creo que o PSOE obterá un mellor resultado nas urnas do que prevén as enquisas. Salientou, ademais, o gran número de indecisos aínda existente, que podería modificar as actuais previsións demoscópicas.
O 20D En Marea só superou os socialistas en 54 concellos. Iso si, o seu dominio foi claro nas áreas metropolitanas de Vigo, A Coruña, Compostela e Ferrol, e nas comarcas do Morrazo, O Barbanza, O Salnés e O Baixo Miño.
Errejón, Ferreiro, Oltra e Garzón instan o PSOE a "definirse" sobre se apoiarán "un goberno de Unidos Podemos ou un goberno do Partido Popular". Os candidatos e candidatas piden "refacer un acordo interxeracional entre mozos e maiores".