Baltar prevé ser reelixido no PP de Ourense cinco días antes de declarar ante a xuíza
O barón ourensán evita nunha decena de ocasións responder á prensa sobre a súa citación como investigado na denuncia de emprego por sexo. Os críticos dispoñen dunha semana para tentar formular unha candidatura alternativa á baltarista.