Podemos afástase da marea galega ao situar as súas siglas como innegociables
Pablo Iglesias reúnese con Anova, EU e as mareas e aposta por que estas forzas conflúan nas listas da súa formación.
Pablo Iglesias reúnese con Anova, EU e as mareas e aposta por que estas forzas conflúan nas listas da súa formación.
A regulamentación para adaptar o ensino secundario á Lei Wert obriga o estudantado que escolla determinadas materias específicas a seleccionar Relixión católica como única alternativa para completar a carga horaria que establece a norma.
O Goberno galego presenta a segunda edición do seu Plan Estratéxico e defende que o fai sen ningún indicador concreto porque vai depender da participación cidadá. "Consolida o principio básico de rematar coa improvisación na xestión pública", afirma Feijóo.
O Concello coruñés foi o único no que se incrementou o peso do endebedamento por habitante entre 2011 e 2014 e aumentou en 8 millóns as facturas pendentes de pago antes do 24M. Pontevedra mantívose como cidade con menos débeda e Vigo foi a que máis a reduciu.
O Concello asinou o cesamento dos 49 pedáneos, ata agora designados polo Goberno municipal, e que pasarán a ser escollidos pola veciñanza en votación directa e mudarán a súa denominación a alcaldes ou alcaldesas de aldea
A xuíza do caso Pokémon inicia dilixencias contra o ex líder do PP ourensán e envía aos xulgados de Ourense a investigación do presunto financiamento irregular dos populares nesa provincia.
O grupo socialista ultima a súa constitución na Deputación de Lugo mentres o alcalde de Becerreá teima en reclamar para si a presidencia como única vía para desbancar o PP. O paso de Martínez ao grupo de non adscritos blindaría os conservadores na presidencia do ente provincial.
AGE leva ao Parlamento unha moción baseada nunha proposta de Varoufakis e Galbraith para reformar a Eurozona e demanda "solidariedade" co pobo heleno. O BNG critica igualmente a actitude mantida pola troika. Este martes están convocadas concentracións en Compostela e Lugo.