Política
Feijóo e Castelao: De eloxiar o rei a xustificar o recorte ao galego no ensino
O presidente da Xunta empregou este 2015 a entrega das Medallas Castelao para atacar os alcaldes das mareas. Noutras edicións, a figura do político e intelectural foi empregada polo presidente para loubar a Monarquía ou xustificar a liña política do seu Goberno.
Gondomar: Gobernar a golpe de Facebook
Despois de recibir numerosas mensaxes favorables a través desta rede social, o novo alcalde da localidade afírmase decidido a deixar nunha rotonda un barco viquingo empregado polas comparsas do entroido, e que foi situado alí na noite de San Xoán como unha broma.
Somos Nós ofrécese como "escenario de encontro" para unha candidatura na que Galicia "sexa a protagonista"
A plataforma celebrou este domingo en Compostela a súa primeira asemblea xeral, na que aprobou os seus estatutos, un plan de traballo e designou a súa primeira xunta directiva.
Feijoo utiliza a Castelao para atacar as mareas
O discurso do presidente da Xunta na entrega das Medallas Castelao xira ao redor das "tradicións", para as que pide "respecto", en referencia á decisión dos alcaldes da Coruña e Compostela de non acudir á cerimonia do Santísimo Sacramento e á probable ausencia na ofrenda da Casa Real ao Apóstolo
BNG e Anova amosan disposición a unha celebración non partidaria do 25 de xullo
As dúas formacións difundiron senllos comunicados nos que se mostran abertos a unha "celebración unitaria" (BNG) e a unha "mobilización nacional convocada polo pobo galego” (Anova)
Paco e Pedro, un papa moderno e un opositor antigo
Suso de Toro
Tsipras: "Ante o autoritarismo da austeridade, responderemos con democracia"
O Goberno grego convocou un referendo (para o domingo 5 de xullo) para que a cidadanía se pronuncie sobre a última oferta realizada pola troika, que Atenas considera "inaceptable". Somos Ninguén traduce ao galego o histórico discurso de Alexis Tsipras.
O alcalde de Baralla, denunciado ante a Fiscalía por humillar as vítimas do franquismo
A ARMH presenta un informe con diversas declaracións de dirixentes do PP nas que se tería desprezado os represaliados polo fascismo, entre elas as do rexedor galego que asegurou que os asasinados pola ditadura "merecíano".
"Cambiar en Pontevedra sería volver atrás, a unha cidade anodina da que marchaba a xente"
ENTREVISTA Tras ampliar a representación municipal do BNG nas eleccións do 24M o alcalde de Pontevedra fala con paixón do modelo urbano da cidade que, advirte Miguel Anxo Fernández Lores, non é "ningún milagre", senón o froito de anos de "decisións políticas".
Como artellar unha Marea Galega e non afogar no intento
Denís Fernández Méndez
Martínez négase a dimitir e di ter "dereito" a aspirar á Deputación de Lugo
Vinte e catro horas de entregarlle a Deputación lucense ao PP o alcalde de Becerreá comparece ante a prensa para reivindicarse a si mesmo. O PSdeG expediéntao e non pecha a porta á moción de censura.