Besteiro carga contra Feijóo por vetalo para o Senado: "é caprichoso e antidemocrático"
O secretario xeral do PSdeG asegura que eles nunca cuestionarían un candidato proposto polo PPdeG, tal e como fixeron no caso de Manuel Fraga.
O secretario xeral do PSdeG asegura que eles nunca cuestionarían un candidato proposto polo PPdeG, tal e como fixeron no caso de Manuel Fraga.
A man tendida do BNG a unha candidatura "de amplo espectro", o impulso de Alberto Garzón (IU) á "unidade popular" no país e a aposta das forzas que conformaron AGE e as mareas dan azos a unha confluencia cidadá pola que avogan tamén sectores críticos de Podemos en Galicia.
ENTREVISTA O líder de Def Con Dos, imputado por enaltecemento do terrorismo, cre que "o dereito á liberdade de expresión non ten por que ser algo agradable". "Temos que estar dispostos a escoitar cousas que non nos gusten", asegura.
Xavier Vence apela á "responsabilidade" do PSOE, ao que insta a "presentar un candidato que poida ser apoiado polo Bloque" e que cumpra "todos os parámetros de limpeza que se lle exixen a un responsable político neste momento".
O Consello Nacional apoia lanzar unha proposta "dirixida á cidadanía e ás demais forzas para traballar mancomunadamente" na confluencia e conseguir "grupo propio no Congreso". IU cre que será "o pobo galego" quen defina a fórmula e pon Galicia como exemplo da "unidade popular".
ENTREVISTA Pedro Varela, autor dun importante estudo sobre o impacto do sector eólico no país, cre que Galicia "está perdendo o tren" e advirte do "barullo" que poden crear as reclamacións á Xunta tras a sentenza do Supremo que ratifica a ilegalidade da anulación do concurso do bipartito.
ENTREVISTA O ex vicepresidente da Xunta repasa o goberno bipartito e os "virulentos e malévolos" ataques que di que sufriu da oposición pero tamén de "axentes económicos e mediáticos". Agora, mira ao futuro esperanzado cunha confluencia política galega para as xerais e autonómicas.
ENTREVISTA No décimo aniversario das eleccións nas que PSdeG e BNG desbancaron o PP de Fraga Emilio Pérez Touriño lembra a "ilusión" daquela campaña electoral e admite tamén os erros do seu partido na "brutal" campaña de 2009. Tras a derrota electoral cre que houbo outra "peor": "a da hexemonía das ideas".
Anuncia medidas para evitar desafiuzamentos e unha nova conxelación das taxas universitarias, que se unen a accións para limitar os efectos do copagamento de medicamentos ou para o acceso a libros de texto. As forzas da oposición cualifican de "insuficientes" as medidas e critican que só cheguen "trala desfeita electoral"