Política
Montoro e as competencias locais
Xosé Antón Jardón
O alcalde de Becerreá racha co PSOE e dálle a Deputación de Lugo ao PP
Manuel Martínez evita apoiar o alcalde da Pontenova, designado polo PSOE como candidato, e provoca que a popular Elena Candia se converta en nova presidenta do ente provincial. O BNG, que rexeitaba a Martínez por estar imputado, si apoiou o novo aspirante socialista.
A Xunta anuncia axudas para material escolar un ano despois de eliminalas
O presidente da Xunta retruca ás críticas polo novo modelo de axudas e préstamo de libros de texto anunciando un "cheque" de 50 euros para uns 70.000 estudantes, a metade dos que Educación di beneficiar cos subsidios parciais
"O meu reto é mudar políticas de fondo dende a capital do país"
ENTREVISTA Tras a primeira semana como alcalde de Santiago Martiño Noriega defende que as súas primeiras medidas son "simbólicas", pero non "estéticas". O rexedor compostelán "agradece" a actitude do BNG no inicio do mandato e subliña que é "consciente" da "magnitude do mandato" que recibiu Compostela Aberta o 24M
Feijóo, tras a sentenza do Supremo: "Volvería anular o concurso eólico"
O presidente da Xunta desdeña o ditame no que o alto tribunal ratifica que a anulación do concurso eólico do bipartito foi ilegal. O BNG lamenta que a "irresponsabilidade e sectarismo" do Goberno lle "saísen moi caras a este país".
O PP impide que o Parlamento investigue o asasinato machista no hospital de Ourense
A maioría absoluta popular bota abaixo unha moción do PSdeG-PSOE que pedía unha investigación interna para determinar os erros cometidos nun crime que tivo lugar no hospital da cidade. Ademais, os socialistas lembran que o orzamento destinado a Igualdade é 5 veces inferior ao de 2009.
Demasiados milagres
Antón Baamonde
Candidatura de país
Xoán Antón Pérez-Lema
O Concello da Coruña paraliza o Museo da Automoción que Jove planeaba nun parque
O alcalde Xulio Ferreiro anuncia que o executivo local non levará a cabo a modificación do Plan Xeral que se precisaba para construír esta polémica infraestrutura, logo de reunirse con representantes da plataforma cidadá contraria a este proxecto en Bens acordado por Negreira.
"Lugo quere un goberno de esquerdas, plural e con diálogo"
ENTREVISTA Lara Méndez converteuse hai pouco máis dunha semana na inesperada primeira alcaldesa da historia de Lugo. Mentres continúa as negociacións con Lugonovo e BNG para conformar goberno Méndez asegura que o seu gabinete responderá ás expectativas "de progreso" e augura que os vindeiros presidentes galego e español serán José Ramón Gómez Besteiro e Pedro Sánchez.
Irmos Junt@s não é impossível
Igor Lugrís