Beiras: "Non hai ningunha forza política que poida ser o galo do poleiro"
ENTREVISTA Xosé Manuel Beiras considera un erro que Podemos queira ser o paraugas único que ampare unha candidatura de unidade popular de cara ás eleccións xerais
ENTREVISTA Xosé Manuel Beiras considera un erro que Podemos queira ser o paraugas único que ampare unha candidatura de unidade popular de cara ás eleccións xerais
A Administración autonómica sacou a concurso obras por 77,4 millóns durante os catro primeiros meses do ano, tres veces máis (+217%) que un ano antes. No conxunto das autonomías, a licitación case se duplicou respecto ao mesmo período de 2014.
ENTREVISTA Xulio Ferreiro afronta a súa chegada á alcaldía con "ilusión", a mesma que percibe nunha Coruña que, di, "agora está no mapa e non pola Pokémon, senón porque fixemos algo grande". "Gañamos en campo contrario e se fixemos iso, tamén lograremos gobernar doutro xeito".
Anova e Esquerda Unida coinciden na unidade popular estatal para "cambialo todo", o Bloque aposta por unha "gran convocatoria por Galiza" para "unha gran representación nacionalista" e Compromiso opta por unha "plataforma cidadá galega".
Os conservadores suman finalmente 28 votos máis que a plataforma cidadá, que ten garantido o apoio do PSOE para a investidura e que xa aclara que descarta as coalicións tanto no Concello como na Deputación, onde facilitará o cambio de goberno.
O presidente da Xunta cita a morte de "100.000 galegos en catro anos" entre as causas do descenso electoral do seu partido e anuncia un "calendario" de congresos da formación que incluiría a celebración dun cónclave autonómico antes das eleccións galegas de 2016.