O Concello de Santiago gasta en tres meses o equivalente ao 70% do orzamento publicitario de 2015
Os orzamentos municipais de Compostela para 2015 consignan 416.000 euros a "publicidade e propaganda". Dous grupos de comunicación aglutinan case o 80% do gasto comprometido no primeiro trimestre.