Gerardo Crespo pediu en febreiro que a súa consultoría non poida impartir cursos da Xunta
Traballo tramita a petición do presunto líder da trama Zeta para dar de baixa Azetanet no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.
Traballo tramita a petición do presunto líder da trama Zeta para dar de baixa Azetanet no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.
Javier Sánchez-Agustino, militante popular ata hai escasas semanas, ponse á fronte do partido de Albert Rivera en Compostela tras semanas de dura crise interna. O agora alcaldable reiterou durante anos a súa "identificación ideolóxica" con Alberto Núñez Feijóo.
O presidente da Xunta asegura que en España hai agora "máis servizos públicos e máis loita contra a corrupción" e volve cargar contra o goberno bipartito nun novo acto de campaña do seu partido, desta vez en Balears.
ENTREVISTA Jorge Suárez encabezaba a única lista que se presentou para liderar Ferrol en Común e recibiu a unanimidade dos 213 votos que emitiron os inscritos nas primarias. Este funcionario de xustiza suma xa dúas victorias tras ser elixido hai unhas semanas como candidato de EU.
Agustín Hernández presenta a súa lista, da que caen os sete edís que quedaron absoltos tras ser inhabilitados por prevaricación. Negreira, na Coruña, inclúe a ex apoderada da construtora máis beneficiada por investimentos municipais o ano pasado, e Rey Varela deixa fóra catro concelleiros.
O partido impón os debates municipais tan só cos candidatos con representación municipal malia as propostas abertas dalgún dos seus líderes locais. O Colexio de Xornalistas propón organizar os cara a cara, pero os populares xa van dan man de asociacións locais de prensa nalgunha localidade.
A formación de Albert Rivera insiste en vetar as listas da Coruña, Ferrol e Ourense e presentarase en tan só doce concellos galegos nas eleccións municipais tras a polémica pola inclusión de afiliados de UPyD ou a intensa relación entre algúns dos seus dirixentes e o PP.
ENTREVISTA Santiago Martínez, media trainer internacional, licenciado en Dereito e experto en comunicación política desvélanos algunhas das claves para a campaña municipal