Fomento e Concello exasperan o barrio compostelán de Conxo
A construción do túnel que rematará o periférico da cidade está practicamente paralizada catro meses despois do corte de tráfico ditaminado polo inminente inicio das obras. O BNG local insta o Concello a esixir a posta en marcha dos traballos ou a reabrir o tránsito.