Candidatos galegos de UPyD foxen para unirse a Ciudadanos nas municipais
A crise na formación de Rosa Díez chega a Galicia, onde seis formacións locais da Coruña e Ferrolterra abandonan o partido para intentar integrarse en C's. A posible integración pode ameazar a maioría absoluta do PP nalgúns concellos, pero afortalaría a dereita no caso de pactos postelectorais.