Pontón confrontará con Feijóo no Parlamento ata a fin da lexislatura
A líder e candidata do Bloque ve na oferta de 'Mesa polo Cambio' lanzada por En Marea unha "cortina de fume" para "tapar a crise interna".
A líder e candidata do Bloque ve na oferta de 'Mesa polo Cambio' lanzada por En Marea unha "cortina de fume" para "tapar a crise interna".
Gonzalo Caballero queda fóra das primarias socialistas ao non reunir os 1.010 avais necesarios. Os dous aspirantes superan con amplitude o mínimo esixido.
Romeu augura unha campaña "sucia" baseada en "dossieres" elaborados por "esbirros" de Feijóo. O presidente utiliza dende 2009 os mobles que, segundo anunciou en campaña, ían "saír" dos despachos oficiais se el chegaba á presidencia.
Miguel Tellado mantén que "non existe inferioridade xurídica do galego" a respecto do castelán e acusa o PSOE de ter intencións "poco sanas" na aprobación da lei da memoria histórica.
Os populares lanzan a precampaña galega coa aprobación da súa nova estrutura, na que Feijóo volverá evitar un corpo a corpo co resto de forzas que agora lle corresponde a Tellado. De Cospedal sitúa o presidente galego como "referente" e di querer "coidar" de quen vive "en Madrid e en provincias"
Integrantes de varias plataformas locais contactan con partidos e colectivos participantes nas Mareas en Común e mais En Marea á procura de fórmulas de unidade.
O líder do PPdeG desbota as opcións de Rey Varela e Hernández e elixe o duro deputado ferrolán, ata agora voceiro do partido, como o seu número dous a seis meses das eleccións.
Méndez Romeu amosa a fortaleza dos seus apoios -Vigo, o 'pachismo' ou Orozco- ante as peticións de "frescura" por parte de Lara Méndez ou González Formoso, que aínda non aclarou se se presentará ou non. A xestora nega que apoie a Leiceaga e reclama a súa "neutralidade".
O proceso municipalista convida a quince organizacións -entre elas, Anova, Podemos, EU ou Foro Galego- a participar este sábado no "primeiro paso" para conformar unha candidatura unitaria "capaz de gañar". Parte de Podemos e de Anova manteñen aínda as reticencias á fórmula
O presidente da Xunta asegura que é "ben doado" ter "modelos máis participativos que os do PSOE e os das mareas de Podemos" e rífalles aos concellos dende o atril de San Caetano.
Convértese no primeiro aspirante ás primarias do PSdeG-PSOE, que o 28 de maio escollerá o seu cabeza de lista para as eleccións autonómicas. Fai un chamamento a construír "unha alternativa sólida e solvente" para derrotar a Núñez Feijoo