Seis claves para entender a masiva folga de autobuses en Galicia
Seguimento masivo do paro de condutores de bus que está a afectar a todo tipo de servizos, tanto de liña como urbanos, escolares ou discrecionais
Seguimento masivo do paro de condutores de bus que está a afectar a todo tipo de servizos, tanto de liña como urbanos, escolares ou discrecionais
CCOO, UGT e CIG acusan a Infraestruturas de "dinamitar" a posibilidade de desconvocar o paro que comeza este martes ao convocalos por separado a unha xuntanzaa prevista xunto as federacións empresariais, que censuran tamén as "decisións erráticas" da Consellería
As tres principais federacións renegan do proxecto e únense ás críticas da oposición e dos sindicatos, que xa convocaron unha folga. Cren que "condena ao peche as pequenas empresas, deteriora gravemente as condicións laborais" dos condutores e ten como obxectivo "aforrar cartos"
A oposición critica os “anos sen facer nada” da Xunta por mellorar o transporte ata que unha sentenza a obrigou a actuar
CIG, UGT e CCOO convocan folga indefinida todos os martes e mércores a partir do 20 de xuño en resposta ao novo sistema, no que ven “unha grande operación de márketing" que pretende "un ERE encuberto e un recorte no transporte escolar”
Educación seguirá a organizar os horarios, pero o departamento de Mobilidade será quen contrate o servizo por zonas, nas que se integrarán as liñas regulares. Este martes expóñense ao público as 38 primeiras zonas, en Ourense e parte de Lugo, dun proceso que se estenderá a toda Galicia antes de setembro de 2019.
“Non vai haber ningún cambio na política de transportes”, asegura o presidente.
O propietario do xigante do transporte, Raúl López, asegura non ter "plans" de venda da compañía, que admite movementos no terzo do seu accionariado que pertence a Abanca. Un grupo alemán e outro mexicano, entre as empresas potencialmente interesadas.
O conselleiro de Fomento de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, explica o modelo que quere adaptar a Xunta e que supón un custo para a Junta de 6 millóns de euros ao ano para dar servizo a 3.558 núcleos de poboación aos que non chega o bus regular.
DOSSIER | O autobús de liña en Galicia (2/2): Os servizos regulares teñen 7.500 paradas, por 23.500 dos servizos escolares
DOSSIER | O autobús de liña en Galicia (1/2): Liñas con ingresos de 2,4 millóns de euros ao ano combínanse con outras de só 1.200 euros.
O empresario lucense que xestiona o 60% das rutas de autobús de España está implicado en diferentes sumarios de corrupción que ameazan o seu emporio. Foi detido en marzo de 2015 con 60.000 euros en billetes que procedían do pagamento en negro de excursións de xubilados, segundo Vixilancia Aduaneira, e a xuíza De Lara investiga os seus agasallos a cargos de Defensa para facerse con adxudicacións de transporte do Exército.