A Xunta insiste na discrecionalidade para adxudicar os novos buses e a patronal di que é ilegal
O Goberno galego permitirá a subcontratación do 30% dos servizos e os sindicatos alertan de que iso dificulta a subrogación dos traballadores
O Goberno galego permitirá a subcontratación do 30% dos servizos e os sindicatos alertan de que iso dificulta a subrogación dos traballadores
Agarrada ao principio de acordo cos condutores, unha lei aprobada en febreiro permítelle contratar os autobuses a dedo ou mesmo a “xestión directa dos servizos”, pero Feijóo di que non prevé facelo. Na tarde deste xoves, a patronal daba por roto o diálogo coa Xunta.
O persoal apoiou masivamente este martes, na quinta xornada de paros, a ampliación dos mesmos. Os sindicatos avanzan na negociación coa Xunta pola subrogación dos postos pero os empresarios ven “moi lonxe” un acordo.
Os sindicatos avanzan no seu acordo coa Xunta pero os empresarios veno “moi lonxe” tras reunirse este luns co Goberno galego e manter as dúas partes as súas posturas sobre a aplicación ou non xa en agosto do novo modelo de transporte
Feijóo garante “agora con documentos” a “estabilidade laboral” dos condutores. O Goberno galego filtra que malia criticalo, Monbus e Arriva, as dúas grandes empresas de Galicia, queren facerse con liñas do novo modelo de transporte.
"A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros", din os sindicatos. A patronal cre que a "pasividade" do Goberno ante o conflito "pode responder a un interese por deixar morrer as pequenas empresas do sector"
A patronal cifra nun 85% a incidencia da nova xornada de mobilizacións. A conselleira asegura ter a "porta aberta" ao diálogo pero por separado, xa que os intereses de empresas e persoal son "distintos"
A Xunta creará “listas negras”, como as denomina ela mesma, cos que non anulen a reserva se non viaxan
Aos paros dos autobuses contra a Xunta e da estiba e os examinadores de Tráfico contra o Goberno engádese a protesta do metal na Coruña, que afecta tamén aos talleres de automoción
Villares, Leiceaga e Pontón piden conxuntamente a comparecencia urxente da conselleira de Infraestruturas no Parlamento para que dea conta do conflito aberto polo seu novo sistema de transporte
“É inadmisible coller os rapaces como reféns porque unhas empresas teñan discusións económicas con unha Administración”, salienta o presidente, que "garante" aos traballadores que "van manter os seus postos de traballo".
O Goberno galego abre expediente ás empresas polo incumprimento dos servizos mínimos, especialmente dos escolares, que este mércores afectaron a uns 57.000 alumnos. A conselleira tenta convencer a sindicatos e patronal de que “teñen intereses distintos”.