A Xunta recibe ao día 24 avisos que alertan da avespa asiática
Medio Rural obvia os concellos na primeira xuntanza para coordinar solucións a unha praga que afecta xa unhas 150 localidades e centra as solucións no sector apícola, malia que a maior asociación tampouco estivo presente. "É un problema global que non só abrangue as abellas", din os municipios