O BNG presentará unha "candidatura de país" o 23X para converterse nun "actor decisivo" na política estatal
"Precisamos lograr un grupo galego que sexa determinante e que poida negociar a favor dos intereses de Galiza", avanzou Ana Pontón, quen sinalou que a lista para o 23 de xullo recollerá "voces e apoios de forma ampla na sociedade"