Nadia Calviño arroupa a Besteiro en Santiago: “O próximo presidente da Xunta”
A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, presentou a José Ramón Gómez Besteiro como “o próximo presidente da Xunta” porque, dixo, “Galicia merece máis”. E sinalou que o candidato socialista representa aos “líderes cunha visión clara do que queren para a súa terra”.