Besteiro anuncia que o Estado desbloqueará xa os parques eólicos pendentes para dar enerxía a Alcoa
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta adianta, tras unha reunión coa ministra Ribera, que o BOE publicará este mércores unha modificación lexislativa para autorizar e pór en funcionamento a principios de 2024 as instalacións pendentes que permitirán continuar coa actividade da factoría da Mariña.