O reloxo do congreso xa corre no PSdeG
Orozco, presidente do partido, sitúa o cónclave "antes do verán" e descarta, a efectos prácticos, a posibilidade de que a renovación agarde á modificación dos estatutos federais, no outono. Pachi Vázquez reitera que non lle pediu a Rubalcaba un ano máis na secretaría xeral.