A Xunta fica como única valedora da permanencia de ENCE na ría de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra ratifica que, tras o cambio político, a institución apoia o Concello pontevedrés na esixencia de que a pasteira abandone o seu emprazamento.
A Deputación de Pontevedra ratifica que, tras o cambio político, a institución apoia o Concello pontevedrés na esixencia de que a pasteira abandone o seu emprazamento.
O Ministerio de Medio Ambiente sinala a vixencia da concesión da pasteira, o que lle permitirá á empresa solicitar unha prórroga que lle permita manter o seu actual emprazamento ata o ano 2078. Costas ignora as alegacións presentadas pola APDR, que anuncia que recorrerá a resolución.
Unha nova manifestación, con menos participación que outros anos, oponse á ampliación da concesión de Ence na ría. A APDR cualifica de "falta de respecto" o informe da Administración que facilita a prórroga da pasteira.
Greenpeace advirte nun detallado informe das maiores ameazas medioambientais no país -entre as que destaca as térmicas, Ence, a "eucaliptización" ou a contaminación das rías-, pero gaba tamén a pesca artesanal, o "potencial renovable" e a exitosa "mobilización cidadá" en Corcoesto ou O Irixo.
O presidente da Xunta reclama, nunha resposta ao BNG, que "non empecemos a enganar a xente outra vez" porque "a alternativa non é o traslado", senón o peche, e censura que o Concello pontevedrés recolla premios en Dubai e Nova York.
Falamos con Antón Masa, presidente da APDR, sobre o apoio cada vez máis explícito do PP á continuidade da pasteira en Lourizán. Critica as relacións politico-empresariais de dirixentes do PP, comezando pola participación de Rafael Louzán, este martes, na Xunta de Accionistas de ENCE
O PP leva tres meses repetindo que é "a cidade con máis paro de Galicia", o que xustificaría o seu cambio de posición sobre a continuidade da pasteira no interior da ría. A nova enquisa (pouco fiable á hora de amosar datos por cidades) reduce o desemprego pontevedrés do 28,7% ao 24,7%.
O presidente da Xunta apóiase na situación da economía para explicar o seu cambio de posición pública, aínda que o PIB decrecía máis tanto en 2009 como en 2012, cando incluíu a saída da fábrica no seu programa electoral. Lores subliña que o PP sempre "apostou" por manter a pasteira na ría.
O presidente certifica no Parlamento o apoio a que a pasteira fique na ría despois de que o PP prometese o traslado nos seus programas de 2009 e 2012. O líder popular acusa o BNG de querer o "peche" para "botarlle a culpa á Xunta".
A denominada Plataforma de apoio á Industria na Comarca de Pontevedra e o comité de empresa da pasteira saúdan a aposta dos populares pola permanencia da factoría no seu actual emprazamento.
O candidato popular á alcaldía, Jacobo Moreira, defende a permanencia da factoría en Lourizán, a pesar de que nos últimos anos Alberto Núñez Feijoo manifestara con rotundidade que o traslado era "unha decisión persoal" e que non había outra posibilidade
A entidade presentou as súas alegacións no procedemento polo que se incoa expediente de caducidade, sinalando que a empresa carece de licenza urbanística de actividade. A APDR presentou a pasada semana as súas alegacións, facendo fincapé nos incumprimentos medioambientais.