A equidade educativa non é dabondo en Galicia
Un informe de Save the Children sitúa o país nun nivel "medio-baixo" en canto á igualdade de oportunidades dos nenos galegos no ensino. O estudo, baseado en varios indicadores, aproba as políticas públicas na comunidade a prol da equidade na escola, pero suspende as levadas a cabo fóra dela.