Campaña polo boicot á reválida que a Lomce impón en Primaria
STEG reúnese coas federacións de Anpas de Galicia para informar de como "esquivar ou eludir" estas probas que impón a Lomce a cativos de 8 anos e reclama aos centros que se "pronuncien masivamente" contra elas e aos pais que "non leven os fillos ao centro ese día".